Mércores. 25.11.2020
El tiempo


Carballo reparte 150 novos bidóns para o programa de Compostaxe Caseira


Carballo reparte 150 novos bidóns para o programa de Compostaxe Caseira

Continúan en marcha, e medrando, os proxectos de reciclaxe dos residuos orgánicos en Carballo. Apenas un mes despois de repartir o último lote de 50 composteiros individuais, dende as concellarías de Medio Ambiente e Servizos de Carballo lanzan unha nova campaña, para repartir 150 composteiros máis, que se sumarán aos 392 que se atopan xa a pleno rendemento nas distintas parroquias.

Deste xeito, as 60 familias que xa estaban en lista de espera serán prioritarias, e o Concello invita a solicitalo no Rexistro Municipal (con cita previa no 981 704 100) ou no Rexistro Telemático, ao que se accede dende a páxina web www.carballo.gal.

Ti tes a chave

O programa urbano “Ti tes a chave” volve mañá á rúa, coincidindo co mercado semanal. O posto informativo estará instalado na rúa Coruña.

O programa de compostaxe doméstica urbana xa conta con 1.000 familias participantes e máis de 100 establecementos.
As persoas interesadas poden achegarse de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, ao local de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34), e ademais mañá xoves, coincidindo coa celebración do mercado semanal, o posto informativo da campaña volverá a estar instalado na rúa Coruña en horario de 10:30 a 13:30. Tamén teñen información en carballolimpo-com.

Novas relacionadas

comentarios