Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1 de cada 4 habitantes carballeses seguen fóra do sistema de abastecemento de augas

1 de cada 4 habitantes carballeses seguen fóra do sistema de abastecemento de augas
Voceiros municipais de Carballo

Houbo reunión onte no Concello de Carballo entre os voceiros dos grupos políticos municipais e membros do goberno con técnicos da empresa GIGA, (Gabinete de Ingeniería SL), encargada da análise da rede integral de abastecemento do Concello de Carballo. A reunión serviu para que a empresa manteña ao día aos voceiros dos novos pasos do Plan Director de Abastecemento para o período 2015-2030, ademais de analizar a situación actual.
Estiveron presentes, ademais dos técnicos de GIGA, os voceiros de TEGA e PSOE, Manuel Andrade e José Antonio Viña; a Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes; o Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas; o Concelleiro de Medio Ambiente, Marcos Trigo; e o Alcalde que se incorporou á reunión cuns minutos de atraso.

O obxectivo principal: chegar ao 90% da poboación, i é que a día de hoxe só chega ao 75%, deixando fóra do sistema a 7830 persoas. Esto implicaría unha aumento da rede de canalización de auga dos 170 aos 250 quilómetros.

Ademais, pretende facer o sistema máis eficiente e para elo terá que reducir as perdas do 22% actual ao 10%.

Todas estas actuacións levarán un investimento de arredor de 17 millóns de euros, repartidos neses 15 anos do plan.

”Máis que comercio” no CCA

Mentres, a Xunta anuncia un novo plan de dinamización comercial dos Centro Comerciai Aberto. “Máis que comercio!”, que desenvolverá durante este mes de maio, busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes.
Os clientes dos establecementos asociados ao centro comercial aberto poden elixir o seu negocio favorito e optar a tarxetas regalo para mercar no comercio local.
O comercio máis votado recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

Fonte

Comentarios