Venres. 19.04.2024
El tiempo

10.000 persoas disfrutaron de 30 espectáculos carballeses dende marzo

ratinhos de Lonxedetodo_en_carballo
Os Ratiños de LonxedeTodo foron uns dos protagonistas da primavera cultural carballesa
10.000 persoas disfrutaron de 30 espectáculos carballeses dende marzo

En marzo, o Concello de Carballo presentaba o proxecto #CulturaconForza, coa intención de deixar claro que o sector cultural vovlía á capital de Bergantiños coa meirande das intencións. Hoxe fai balance a Concellería de Cultura e contabiliza que foron máis de 10.000 as persoas que disfrutaron da trintena de actividades desenvoltas de marzo a maio tanto a nivel presencial, como virtual.

Exposicións, teatro, contacontos, música, danza, cine, artes plásticas... actividades de gran nivel que permitiron que a veciñanza puidese alimentarse de ocio, de cultura, despois de moitos meses de seca.

Un exemplo, as proxeccións dos contacontos dos Ratos de Lonxedetodo que tiveron lugar na Biblioteca Rego da Balsa, e que superaron as 10.000 visualizacións, sobre todo a través de Facebook. Ou o ciclo de cine AMAL que cada venres de maio encheu case todas as butacas dispoñibles.

Ao longo desta semana aínda podemos seguir desfrutando dalgunhas destas propostas, xa que no Pazo da Cultura permanecen abertas de luns a venres as exposicións das edicións XXII e XXIII do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís e do Premio de Artes Gráficas Jesús Núñez.

Comentarios