Venres. 19.04.2024
El tiempo

2.000 alumnxs farán de peque-labregos no horto viaxeiro carballés

2.000 alumnxs farán de peque-labregos no horto viaxeiro carballés
Horto viaxeiro en Sofan Horto viaxeiro comezou en Sofan

Nada menos que 2.000 alumn@s dos colexios de Carballo disfrutarán este curso do programa do horto viaxeiro. Unha versión itinerante do Horto Infantil Ecolóxico Municipal que permite achegar aos centros escolares esta actividade “de autonomía infantil pero tamén de achegamento ao medio natural e á nosa contorna”, como a definiu o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira.

O programa contará ademais con varios encontros interxeracionais que se celebrarán no Centro de Maiores da Praza de Vigo, e unha auténtica Pequefeira (31 de maio), onde os pequelabregos poderán vender os produtos que eles mesmos sementen.

Fantástico este modelo do horto infantil, que serve de exemplo para outros concellos, e que afonda nunha educación moi completa en materia de economía, cooperativismo e posta en valor do medio rural.

Comezo en Sofán

Participan no programa os colexios Xesús San Luís Romero, Artai, CRA Ponte da Pedra, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, Escola Infantil As Landras e CEIP Bergantiños, que se suma ao proxecto cos nenos e nenas de 5º e 6º cursos de Infantil e de 1º a 4º de Primaria.

Onte mesmo arrincaba en Sofán, ondexa son uns avanzados, pois os propios rapaces, coa axuda do conserxe, xa teñen armado un horto con máis de 4.100 botellas de plástico. Sen dúbida todo un exemplo de reutilización e optimización de recursos.

O coordinador da actividade Manuel Anxo Pardiñas, explicou que as sesións se realizarán centro por centro, agás os dos coles Bergantiños e o Artai, que viistarán as instalacións municipais da rúa Nardos. As sesións incluirán os coidados básicos da produción de horta, que comezarán coa posta a punto dos invernadoiros para sementar en breve os produtos de inverno: repolo, coliflor...

En o 31 de maio, completando o círculo, á pequefeira e facer de vendedores.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-exporta-o-seu-modelo-de-horto-infantil-ecoloxico/ https://quepasanacosta.gal/os-pequenos-labregos-de-veran/ https://quepasanacosta.gal/os-peque-labregos-pasan-a-peque-feirantes/

Comentarios