Venres. 29.03.2024
El tiempo

2 millóns de euros en obras de saneamento en marcha en Carballo

obras-saneamento-razo_800x460
Obras de saneamento en Razo
2 millóns de euros en obras de saneamento en marcha en Carballo

Volveron as obras a poñerse ao cen por cen en Carballo, e ten máis de 2 millóns de euros en diferentes actuacións hidráulicas. Retomáronse as obras de saneamento e abastecemento aos lugares de Figueroa e Outeiro (Sísamo), que xa estgán case listas, ao igual que os de abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo.
Pero tamén se está a traballar nas redes de saneamento de Taboada e A Granxa (Entrecruces), O Pinar e Pedra do Sal (Lema), Vilar do Carballo (Oza) e Razo da Costa e Santa Mariña (Razo).

Esperan para as vindeiras semanas as obras de saneamento entre A Piña e Evas (Sofán), nos lugares de Betrís e Ribeira (Rus) e nos de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar (Artes).

Novas accións

Onte mesmo a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do proxecto de ampliación das redes de abastecemento e saneamento no lugar da Vella Morta, incluído no POS+ 2019 cun orzamento de 125.400,09 euros.

Comentarios