Xoves. 24.10.2019
El tiempo

200 [email protected] da bisbarra e 25 empresas participaron na primeira Feira de Emprego da Cámara en Carballo

200 [email protected] da bisbarra e 25 empresas participaron na primeira Feira de Emprego da Cámara en Carballo

Esta mañá de xoves 4 de abril, tiña lugar no Forum Carballo a IV Feira de Emprego da Cámara de Comercio da Coruña. Máis de 200 mozos e mozas da comarca, e 25 empresas compartiron espacio para coñecerse.

Trala inauguración, os stands enchéronse de mozos con currículos debaixo do brazo dispostos a entrevistarse con representantes de empresas presentes na Feira. Calvo, Grupo Alumán, Gadisa, Herfraga, Softtek, Vegalsa-Eroski, Mapfre e Prosegur foron algunhas das firmas participantes.

Paralelamente expertos en empregabilidade atendían as cuestións da mocidade nos dous puntos de orientación laboral.

Imaxe da inauguracion da Feira de Emprego da Camara de Comercio da Coruna en Carballo

As charlas tamén foron outro dos fortes da Feira. “Como buscar emprego segundo a miña actividade profesional: onde o busco? Como podo adecuar o meu CV para unha saída profesional?” foi o título do relatorio que impartió Inmaculada Rodríguez, directora de Emocciación, mentres que a experta en motivación Eva García falou aos mozos sobre “Motivación e autoestima: coida a túa imaxe e aprende a venderche”.

Noemí Belas, directora da start-up “Líbolis, pequenos emprendedores”, abordou a importancia de saber utilizar as redes sociais nos procesos de procura de emprego e Luís García e Rafael Vázquez, da Fundación Ronsel, explicaron as claves para montar unha empresa.

A entidade ademais animou solicitar as axudas á contratación a mozos inscritos no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) por importe de 4.950 euros.

Ademais, animaron a participar na V Edición da Feira celebrarase na Coruña, que terá lugar o próximo 11 de xuño.

Novas relacionadas

Comentarios