Xoves. 25.04.2024
El tiempo

300.000 para a mellora da eficiencia enerxética da Residencia de Maiores de Carballo

Carballo. A Coruña
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a residencia de maiores de titularidade autonómica
21/05/2021
Foto: Moncho Fuentes / AGN
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a residencia de maiores de titularidade autonómica de Carballo xunto a Evencio Ferrero. Foto: Moncho Fuentes / AGN
300.000 para a mellora da eficiencia enerxética da Residencia de Maiores de Carballo

A Residencia de Maiores de Carballo, a pública, non rexistrou ningún caso de coronavirus en toda a pandemia. Un verdadeiro exemplo de profesionalidade e o estrito cumprimento do protocolo que volve poñer o foco nas residencias privadas.

En calquera caso, con todos os seus maiores vacinados, a residencia mira cara o futuro, e xa espera as obras de mellora da eficiencia enerxética por máis de 300.000€ como avanzaba onte a conselleira de Política Social Fabiola García nunha visita institucional acompañada por Evencio Ferrero.

Cambiaranse parte das fiestras do centro, mudaranse as caldeiras de calefacción por bombas de calor, adecuarase a cuberta do edificio e colocaranse placas solares para xerar enerxía ecolóxica e rendible.

Carballo. A Coruña
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a residencia de maiores de titularidade autonómica
21/05/2021
Foto: Moncho Fuentes / AGN

Comentarios