Martes. 26.01.2021
El tiempo

400 persoas asistiron á concentración virtual de #carballoenrede

Mapa da Xuntanza Virtual de Carballo en Rede
Mapa da Xuntanza Virtual de Carballo en Rede
400 persoas asistiron á concentración virtual de #carballoenrede

A plataforma creada para a ocasión carballoenrede.com encheuse de xente de toda Europa. Dende a comarca de Bergantiños, dende a Coruña, pero tamén dende Madrid, Barcelona, País Vasco, as Illas, Alemania ou Londres, máis de 400 persoas quixeron unirse para amosar o seu rexeitamento contra as violencias de xénero.

Na xuntanza virtual, Evencio Ferrero leu o manifesto institucional, deixando claro que para erradicar esta enfermidade social cómpre traballar en rede. Fíxoo despois dun pequeno vídeo protagonizado por Sandra e Fernando, actriz e actor carballeses, que demostra como tantas veces funcionan as violencias nas nosas cabezas.

Antes, ao mediodía, xentes do Concello gardaron un minuto de silencio ás portas da casa consistorial. E pola noite, Isabel Rico presento o seu novo estreou o espectáculo “Bravas. Historias das nosas mulleres” ante apenas a 30 persoas que poden entrar no Auditorio a día de hoxe.

Ata o día 30, a exposición ao aire libre de obras de artistas locais.

Todas as novas sobre o 25N

comentarios