Venres. 26.04.2024
El tiempo

9 novos maiores contan co botón vermello de Teleasistencia provincial

Tecendo seguro co servizo de Teleasistencia da Deputacion
Tecendo seguro co Botón vermello de Teleasistencia da Deputación
9 novos maiores contan co botón vermello de Teleasistencia provincial

Son os teléfonos municipais de atención psicosocial os que máis soan. Pois a pesar de non ter demasiada información, os Concellos seguen a ser a administración máis cercana á cidadanía.

Pero tamén hai outras vías de pedir axuda, como o proxecto de Teleasistencia da Deputación da Coruña, que tivo a semana pasada 108 altas. Delas 9 veciñ@s de Carballo son as que na comarca se fixeron cun deses botóns vermellos que están operativos as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Oa día de hoxe chega xa a preto de 2.600 persoas de máis de 65 anos, que viven sós e que residen en calquera concello de menos de 50.000 habitantes (todos agás as grandes cidades). Así mesmo, as persoas con estas características poden solicitar o servizo de forma totalmente gratuita a través dos servizos sociais do seu concello ou informarse no teléfono 900 533 027 e na web da Deputación da Coruña (dacoruna.gal).

Comentarios