Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O 4G pode provocar interferencias coa TDT en Carballo

O 4G pode provocar interferencias coa TDT en Carballo

Está chegando a tecnoloxía 4G a Carballo. As operadoras de telefonía móbil (Telefónica, Vodafone e Orange) xa ofrecen ese servizo que permite unha máis rápida conexión a través do satélite, ademais dunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Pero a chegada desta tecnoloxía LTE, faino na banda 800MHz, o que pode provocar interferencias no sinal de televisión.

Por iso está aberto un servizo gratuíto para atender as posibles interferencias. “Llega800” presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen a adaptación das antenas dos edificios afectados e a resolución doutras posibles afectacións tamén sen custo algún. Para xestionar estes servizos puxéronse a disposición dos cidadáns o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 e a páxina web www.llega800.es.

Comentarios