Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Deputación financia a cubrición das zonas de xogo no parque carballés do río Anllóns

A Deputación financia a cubrición das zonas de xogo no parque carballés do río Anllóns

O Concello de Carballo recibe 249.613,35 euros da Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Acción Social (PAS) complementario. Estes fondos, que proveñen dos remanentes xerados polas baixas durante os procesos de licitación do plan, permitirán executar 37 obras máis en toda a provincia cun investimento total de 2.668.488 euros.

En Carballo, o PAS complementario financiará os proxectos de cubrición do parque infantil do Anllóns e a mellora da accesibilidade nas rúa Laracha.

No caso do parque situado na ribeira do río Anllóns, o orzamento ascende a 148.843,25 euros para reordenar as zonas de xogos e instalar dúas cubertas. Deste modo, o parque do Anllóns será un dos únicos cubertos da provincia, o cal permitirá o uso das instalacións en caso de chuvia e outras inclemencias climáticas.

O proxecto inclúe a redistribución das zonas de xogo e de descanso, para potenciar o seu uso e minimizar as interferencias entre as diversas áreas. Neste sentido, substituirase a parte emprazada na zona oeste do recinto, que actualmente está ocupada por xogos infantís, para xerar nela un espazo de descanso e reunión, polo que se prevé continuar o pavimento de formigón en cor verde disposto nas zonas de circulación, e tamén plantar un ameneiro.

 

 Fonte
Deputación

Comentarios