Venres. 29.03.2024
El tiempo

A "Escola do Espectador" do FIOT analiza con Camilo Franco o teatro contemporáneo

A "Escola do Espectador" do FIOT analiza con Camilo Franco o teatro contemporáneo
Os asistentes á "Escola do espectador" analizaron con Camilo Franco as claves do teatro político. Imaxe: FIOT Os asistentes á "Escola do espectador" analizaron con Camilo Franco as claves do teatro político. Imaxe: FIOT Camilo Franco, un dos críticos teatrais máis importantes de Galicia, é o encargado de dirixir a a terceira sesión da “Escola do Espectador” que terá lugar hoxe, ás 20:30 horas no Pazo da Cultura de Carballo e no que se analizará as claves do teatro contemporáneo descubrindo aquelas pezas teatrais nas que os xéneros están máis difusos ou nas que se misturan con total naturalidade. Este espazo tamén se aproveitará para facer referencias a algunhas das obras que se representan durante o FIOT co obxectivo de entender mellor as tendencias das artes escénicas actuais. Este achegamento do teatro aos espectadores continuará a vindeira semana, xa que na xornada do martes 27, os espectadores poderán coñecer de primeira man o concepto dos clásicos teatrais, algo que no teatro sempre é moi difícil de definir. Facendo alusións a obras programadas nesta 24 edición do FIOT, como “Édipo”, “Othelo” ou “Strpts//Episodio 1: Mirlo&Rula”, a “Escola do Espectador” debatirá que é en realidade un clásico e se é posible falar dunha versión orixinal dunha obra ou se esta muda co paso do tempo e do contexto social e cultural. Precisamente o pasado martes, os espectadores puideron analizar as claves do teatro político, tanto dende o punto de vista da comedia como do drama, entre outros xéneros, ao tempo que amosou aos espectadores que nos escenarios tamén existe esa distancia entre a política teórica e o que realmente é política. Éxito da "Escola do Espectador" O eixo principal da “Escola do Espectador” é o achegamento do feito teatral aos espectadores e formalos naqueles aspectos artísticos e técnicos que permitan a comprensión das obras que durante todo o mes de outubro se representan no FIOT. O obxectivo, ante todo, é que o público amplíe a súa lectura e forme unha opinión fundamentada sobre o que está vendo. Tal e como apunta Camilo Franco, esta actividade é moi útil para os espectadores, sendo moitos os que repiten nesta edición tras o éxito do ano pasado, e na que protagonizan unha participación moi interactiva e divertida. A asistencia á sesión da “Escola do Espectador” é gratuíta, aínda que se recomenda aos interesados que se anoten previamente en [email protected] ou soliciten máis información no teléfono 981 704 300.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios