Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A ACD AWEN recibe o apoio de Laber para a súa actividade deportiva de integración

Rapaces de Awen en Carballo
Rapaces de Awen en Carballo co novo material doado por Laber
A ACD AWEN recibe o apoio de Laber para a súa actividade deportiva de integración
A Corporación Laber, coñecida na bisbarra polo seu patrocinio a entidades deportivas como a Sociedade Deportiva Sofán ou a Asociación Deportiva Xiría, corrobora a súa política de Responsabilidade Social cun novo apoio. O coñecido como “Laboratorio de Bergantiños” reafirma o seu compromiso coa asociación cultural e deportiva AWEN a través da donación de material.

ACD AWEN é unha entidade que aposta pola o inclusión social e do desenvolvemento integral de menores a través de diversas actividades culturais e deportivas que fomentan da convivencia de nenas e nenos con e sen discapacidades axudándose mutuamente en procesos individuais e colaborando para que ninguén se senta excluído.

O presidente da entidade, Matias Navarrete, resalta a súa satisfacción pola colaboración do grupo Laber "que nos axuda en todo o que necesitamos. Desde o principio estiveron para colaborar coa compra de material, apoiando as iniciativas e apoiándonos en todo o que fixese falta”.

O ex xogador de fútbol, entre outros da SD Sofán, destaca que a implicación da corporación axuda no desenvolvemento deste proxecto no que un dos puntos máis destacados é a Escola de Fútbol Sala que desde fai cinco tempadas desenvólvese co obxectivo de que os participantes vexan neste deporte "a diversión e o xogo pero, sobre todo, para que comprendan valóralos como a solidariedade, compañerismo, autovaloración, respecto, compromiso, empatía e resilencia entre outros", unhas calidades que se desenvolven tanto no equipo de fútbol como en danza contemporánea e danzas urbanas.

Comentarios