Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Adxudicados máis de 1.600 metros cadrados de chan industrial no polígono de Bértoa

Adxudicados máis de 1.600 metros cadrados de chan industrial no polígono de Bértoa
poligono-bertoa Imaxe de arquivo do polígono de Bertoa A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 1.671 metros cadrados no parque empresarial de Bértoa, en Carballo. A superficie correspóndese a unha parcela e importe da bonificación ascende a 63.791,32€. Segundo acordou onte o consello de administración da empresa pública Xestur tamén se adxudicaron varias parcelas nos polígonos de As Gándaras - Lugo - e Melide. Desde o 2015 - momento no que a Xunta implantou a bonificación do prezo do solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur, e posteriormente a adxudicación en dereito de superficie - adxudicáronse en toda a comunidade galega máis de un millón de metros cadrados a preto de 250 empresas, con bonificacións no prezo do solo que superan os 25 millóns de euros. En total, adxudicouse o 37% do solo empresarial propiedade da Xunta de Galicia. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios