Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Afaber celebra a semana do alzhéimer con actos en toda a comarca

Afaber celebra a semana do alzhéimer con actos en toda a comarca
afaber-semana-alzheimer O pasado luns, os membros da asociación Afaber inauguraron o programa da Semana do Alzhéimer A asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños - Afaber - xunto coa Federación Alzhéimer de Galicia - Fagal, celebra estes días a semana desta enfermidade con distintos actos en toda a  Costa da Morte. Despois da xornada inaugural, que tivo lugar o pasado luns, e da excursión ás dunas de Corrubedo que realizaron onte, os actos continúan hmañá coa proxección dunha película sobre o alzhéimer que terá lugar ás 20:15 horas no local da entidade (rúa Camelias de Carballo).  Os actos continúan o venres, 21 de setembro e día mundial do Alzhéimer, coa presentación do IV concurso fotográfico sobre o Alzhéimer que será ás 20:00 horas no local de Afaber. Xa o sábado, ás 20:00 horas, celebrarase a gala conmemorativa do 20º aniversario da Federación Alzhéimer Galicia que será no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Xa o domingo, rematan os actos cunha intensa xornada. Ás 12:30 horas celebrase na igrexa de Carballo unha misa en recordo dos enfermos de Alzhéitmer e outras demencias falecidos no último ano. E ás 13:00 horas terá lugar o acto de sensibilización "Ela non se acorda, e ti?". Tamén ao longo da semana, a entidade carballesa realiza distintas mesas informaticas en vilas como Malpica, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Carballo, Zas, Santa Comba, Ponteceso, Coristanco ou Laxe. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/malpica-e-afaber-conmemoran-a-semana-do-alzheimer-cun-curso-e-unha-mesa-informativa/   Fonte    

Comentarios