Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Agafan pide máis apoios para as case 200 familias numerosas de Carballo

Agafan pide máis apoios para as case 200 familias numerosas de Carballo
agafan-carballo Representantes da asociación e do concello de Carballo mantiveron onte un encontro Incrementar a bonificación no IBI para as familias numerosas empadroadas en Carballo e cambiar os requisitos para acceder a ela foron dúas das principais demandas que lle trasladaron os membros da Asociación Galega de Familias Numerosas - Agafan - ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e á María Carmen Ures, concelleira de Igualdade e Benestar. Actualmente os descontos que se lle aplican ás familias numerosas é do 20% tanto para as de carácter xeral (de 3 a 4 fillo) como para as de carácter especial (máis de 5 fillos), condicionado ademais a que ningún dos membros que convivan no domicilio dispoñan doutros inmobles urbanos, directos ou indirectos, o non ser socio ou partícipe de empresas ou entidades con propiedades no concello. Agafan propúxolle ao concello adaptar a actual normativa co fin de que o desconto se aplique "conforme á realidade económica das familias"; é dicir, en función da renta per cápita (renta neta dividida entre o número de membros da unidade familiar) e que o desconto se incremente adpatándose en función do número de membros e renta familiar. Ademais destas, solicitaron tamén outras axudas e bonificacións noutros impostos e precios municipais que faciliten o acceso das familias numerosas ás actividades extraescolares, deportivas, culturais e de ocio. Pola súa banda, dende a entidade ofrécense a informar e asesorar ás familias. Durante o encontro, o alcalde de Carballo mostrou o seu compromiso para revisar os descontos e axudas a estas familias que en Carballo están cerca de chegar ás 200; o que supone aproximadamente o 3,14% da súa poboación.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios