Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Agrupación de Protección Civil de Carballo realizou 650 intervencións relacionadas ca pandemia

Visita a Protección Civil de Carballo
A Agrupación de Protección Civil de Carballo realizou 650 intervencións relacionadas ca pandemia

Ben merecía unha visita institucional a Agrupación de Protección Civil de Carballo, trala súa importante presencia durante toda esta pandemia. E onte, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, aceptou a invitación e achegouse á vila bergantiñá para poñer como exemplo o labor da Agrupación.

A idea é recoñecer o traballo dos milleiros de persoas que forman forman parte das 230 agrupacións que hai en Galicia, e en Carballo pode ser un perfecto lugar. Guiados polo coordinador do Servizo Municipal de Protección Civil, Javier Souto, e o presidente da Agrupación de Voluntarios, Luis Barca, e acompañados polo alcalde Evencio Ferrero, a expedición institucional percorreu as instalacións.

Visita institucional a Proteccion Civil en Carballo

Rueda destaco o camión adquirido polo Concello cun investimento de máis de 200.000 euros, un dos motivos polos que destacou que Carballo “é un dos concellos de Galicia que máis se implica co seu servizo de emerxencias”.

Evencio tamén destacou a o papel de P.C. “repartindo alimentos, máscaras, material escolar, vales para usuarios de comedores escolares, fixo visitas a persoas que vivían soas... Un traballo intenso que se realizou con moita responsabilidade e moita profesionalidade”, subliñou.

Comentarios