Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alumnado do IES Alfredo Brañas coñece de preto a lesión medular

Integro no IES Alfredo Brañas
O alumnado do IES Alfredo Brañas coñece de preto a lesión medular

Nada mellor que velo en primeira persoa. E para iso a Asociación Íntegro realiza a súa serie de visitas a centros escolares no marco da campaña de prevención da lesión medular de Íntegro. Desta volta, a educadora social Tania Bartucca, o presidente da entidade, Adolfo López Baña, Sara, alumna en prácticas, achegáronse ao IES Alfredo Brañas, onde compartiron con medio centenar de alumn@s de 4º da ESO a xornada de sensibilización.

Unha sesión para que vexan de preto as causas e consecuencias dos accidentes medulares e concienciar aos máis novos sobre a importancia de evitar situacións de risco en estradas, praias e piscinas, principais focos de sinistralidade entre a mocidade.

Impactante foi escoitar a historia de José Manuel, un voluntario do programa que non dubidou en expoñer o seu caso, como exemplo de forza e superación, co que deixou impresionados tanto aos estudantes como ao profesorado.

As sesións completáronse coa proxección do vídeo “A ti tamén che pode pasar” e o reparto dunha unidade didáctica, elaborada por Íntegro en colaboración co Concello de Carballo. Ao remate, celebrouse un breve coloquio que os alumnos/as aproveitaron para despexar dúbidas e coñecer o día a día dunha persoa con lesión medular.

Campaña aberta

Os centros educativos que estean interesados en adherirse a esta campaña ou a calquera dos programas de sensibilización postos en marcha pola entidade, non teñen máis que poñerse en contacto co centro a través do enderezo electrónico [email protected] ou nos teléfonos 981 734 985 e 650 961 649.

Novas relacionadas

Comentarios