Luns. 26.08.2019
El tiempo

Alumnos da Bolsa De Traballo de Carballo realizan as prácticas en prevención de riscos laborais

Alumnos da Bolsa De Traballo de Carballo realizan as prácticas en prevención de riscos laborais
Os alumnos usaron duas maquinas de brazo articulado para realizar as practicas Os alumnos usaron dúas máquinas de brazo articulado para realizar as prácticas O alumnado do curso de prevención de riscos laborais - PRL - específico para a utilización de aparatos elevadores realizou as súas prácticas no Fórum Carballo con dúas máquinas de brazo articulado diésel e tesoira de 12 metros de altura. A formación específica para estes traballadores desenvolveuse ao longo do pasado luns e de onte, e incluíu tamén unha parte teórica. O de aparatos elevadores é unha das cinco especialidades de PRL que ofrece a Bolsa de Traballo - BDT - do concello de Carballo aos seus usuarios e usuarias. En total están a formarse nas instalacións do Fórum preto de 200 persoas desempregadas, que deste xeito poderán mellorar a súa formación e, en consecuencia, a súas oportunidades de inserción laboral. Entre o mes de maio e o actual están a levarse a cabo un total de oito cursos de cinco especialidades diferentes do sector da construción: nivel básico de prevención de riscos laborais na construción, e catro específicos para os sectores de electricidade, aparatos elevadores, albanelería e encofrados. Hoxe, entre as 08:30 e as 14:30 horas, impartirase o curso específico de albanelería, e mañá, no mesmo horario, o de encofrados. Ámbolos dous terán seis horas de duración. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo aposta por este tipo de accións formativas, que contribúen a mellorar a empregabilidade das persoas usuarias da Bolsa de Traballo e, sobre todo, prepáranas para afrontar o traballo coas máximas garantías de seguridade e a minimizar, en consecuencia, os riscos laborais en sectores como son os relacionados coa construción.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios