Martes. 06.12.2022
El tiempo

Arden un vehículo e un quad en Carballo

Arden un vehículo e un quad en Carballo
incendio-coche-carballo Sobre as 07:25 horas de hoxe ardeu parte dun coche na rúa Vázquez de Parga Os bombeiros de Carballo recibiron esta noite dous avisos a causa dun incendio. A eso das 07:25 horas desta mañá, os equipos de emerxencias indicaban que estaba ardendo un vehículo (un Fiat Uno) na rúa Vázquez de Parga, á altura do número 23. Segundo indican dende o parque de bombeiros carballés, o lume levou por diante toda a parte dianteira do motor. Despois de apagar as lapas, procederon á limpeza da estrada. A conductora resultou ilesa. Rúa Saturnino Cuíña incendio-quad-carballo Sobre as 5 horas da madrugada ardeu parte dun quad Unhas horas antes, ao redor das 5 da madrugada, fixeran outra intervención similar na rúa carballesa Saturnino Cuíña. Alí ardía un Quad (da marca Yamaha) que estaba estacionado nun solar ap carón dun edificio. A operación do equipo de bombeiros consistiu en extinguir as lapas e enfriar a estructura do vehículo, cuxo motor quedou completamente queimado.   Fonte

Novas relacionadas

comentarios