Venres. 19.04.2024
El tiempo

As bágoas de San Lourenzo do Monte Neme

As bágoas de San Lourenzo do Monte Neme
Observando as bagoas de San Lourenzo dende o Monte Neme Observando as bágoas de San Lourenzo dende o Monte Neme Aínda non recolléramos a fermosa iniciativa que a Plataforma Pola Defensa de Monte Neme organizou o pasado domingo 13 de agosto. Unhas 150 persoas participaron no evento de observación astronómica e roteiro nocturno que organizaron para disfrutar dun dos espectáculos naturais máis singulares: a chuvia de perseídas, ou chamadas bágoas de San Lourenzo. Ata o cumio do Monte carballés subiron dende Razo acompañados polos divulgadores José María De la Viña e Jorge Mira. Parecía que ía ficar nublado pero afortunamente despexou e quedou unha fermosa e morna noite. Os asistentes puideron ver as estrelas fugaces e gozar coas explicacións acerca do universo de dous divulgadores da talla de Jorge Mira e José María De la Viña, que axudaron a comprender mellor o fenómeno e amenizar a actividade. Pasada a medianoite, o grupo que se achegou andando retornou en roteiro nocturno cara Razo, mentres algunhas persoas decidiron quedar algún tempo máis e esperar á saída dunha fermosa lúa de cor vermello-alaranxado. Jose Maria de la Vina e Jorge Mira no Monte Neme Jose María de la Viña e Jorge Mira no Monte Neme Cita de observacion nocturna no Monte Neme Dende a Plataforma lóubanse da alta participación, e lembran que os obxectivos da plataforma son dar a coñecer, poñer en valor e levar a cabo unha recuperación do monte, non só físicamente ou ambientalmente, senón tamén do seu patrimonio material e inmaterial e o fomento das actividades socioculturais no seu contorno. Para que vexades de que se trata, o noso compañeiro Rubén Santamaría envíanos este vídeo. A pesar de que non se gravou na Costa da Morte (foi en Pena Trevinca) válenos para gozar desta singular chuvia: [fbvideo link="https://www.facebook.com/rubensantamariafotografia/videos/1573460992717672/" width="850" height="500" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

Outras novas de fotografía nocturna

Fonte

Comentarios