Venres. 03.04.2020
El tiempo

As cifras da xeración de lixo de Carballo

As cifras da xeración de lixo de Carballo
Limpeza de contedores Volve darnos o Concello de Carballo interesantes cifras. Se a semana pasada falábanos das custe das instalacións deportivas ou do rexisto de vivendas, hoxe tráenos as cifras de xeración de lixo por parte dos carballeses. A primeira cifra é dura: Os máis de 30.000 carballeses xeran máis de 12 millóns de quilos de lixo, entre residuos sólidos urbanos, envases lixeiros, papel e cartón, vidro, chatarra, madeira, plástico agrícola e escombro, que constitúen a maior parte dos residuos que chegan aos contedores e ao punto limpo. Un punto que recibiu tamén 5.693 unidades de electrodomésticos e aparellos eléctricos, aerosois, pinturas, pneumáticos, mobles, baterías, filtros de aceite e envases contaminantes. Unhas cifras que poñen a Carballo na media mundial, de 1,2 quilos de lixo ao día, pero que non impiden que Carballo pense na estratexia de sostibilidade de cara ao 2030. Cómpre lembrar que Carballo conta con 2.775 colectores: 1.705 verdes de residuos orgánicos, 479 amarelos para envases, 342 de papel e cartón e 249 de vidro. Aquí tedes o resumo dos residuos recollidos nos colectores e no punto limpo do polígono de Bértoa nos dous últimos anos:

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-o-unico-concello-que-utiliza-a-palabra-sostibilidade/ https://quepasanacosta.gal/carballo-rexistrou-en-2018-o-maior-numero-de-licenzas-para-vivendas-dos-ultimos-10-anos/ https://quepasanacosta.gal/o-custe-do-mantemento-das-instalacions-deportivas-carballesas-municipais-ronda-o-medio-millon-de-euros/

comentarios