Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Atacado polas velutinas logo de pisar un niño co seu tractor

Atacado polas velutinas logo de pisar un niño co seu tractor
vespa-velutina-tractor Os bombeiros de Carballo retiraron o niño de vespas velutinas que se atopaba no chan no medio da maleza As velutinas volveron a protagonizar onte outro episodio de alerta. Nesta ocasión, o incidente coas vespas asiáticas tivo lugar en As Torres, na parroquia carballesa de Oza. Ao parecer, un veciño que estaba a traballar cun tractor pasou co vehículo por riva dun niño destes insectos. Ante o ataque de picaduras, o conductor tivo que marchar para o centro sanitario de Carballo deixando o seu tractor encendido. Foi aí, cando interviu o equipo de bombeiros de Carballo que se encargou de apagar a máquina e de retirar o niño de velutinas que estaba no chan no medio da maleza. Na intervención participaron un cabo e dous bombeiros cos seus debidos equipos de protección.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios