Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aurelio Núñez e Marga Varela renuncia á súa acta de concelleiros polo PP de Carballo

Marga Varela e Aurelio Nunez renuncian a sua acta de concelleiros
Marga Varela e Aurelio Núñez renuncian á súa acta de concelleiros
Aurelio Núñez e Marga Varela renuncia á súa acta de concelleiros polo PP de Carballo

Continúan as caídas tralos comicios. Despois da saída da vida política de Milucho Louro, desta volta é o candidato do PP de Carballo e a súa número 3, os que anuncian hoxe que non tomarán posesión da súa acta de concelleiros no municipio carballés. Aurelino Núñez e Marga Varela deciden dar un paso ao lado.

O grupo popular perdeu 1 concelleiro (de 5 a 4) polo que ambos coinciden en que “é o momento de botarse ao carón e deixar paso a outra xente. Debemos asumir o que elixiron os veciños de Carballo e abrir unha nova etapa no Partido Popular deste municipio”.

“Foron meses de moito traballo nos que tentamos facer todo o posible para convencer á xente de Carballo de que eramos unha alternativa real e cun proxecto de futuro para o municipio. Non conseguimos o que pretendiamos, pero quero agradecer a todos os que estiveron ao noso lado e a todos os nosos votantes a súa confianza”, afirmou Núñez, quen confirmou que seguirá centrado na súa labor como deputado autonómico.

Por outra banda, o popular referiuse tamén ao futuro da súa formación a nivel local. “Na lista queda xente xoven moi preparada, con ganas de seguir á fronte deste proxecto, coa ilusión necesaria para abordar catro anos de oposición e dispostos a preparar ao partido para as próximas eleccións autonómicas”, concluíu Núñez.

Novas das Eleccións

Comentarios