Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Autorizadas as podas do carballo de Vilar de Francos para garantir a súa supervivencia

 

carballo_vilar_de_francos-Carballo-Arbore Senlleira
O carballo de Vilar de Francos está en perigo
Autorizadas as podas do carballo de Vilar de Francos para garantir a súa supervivencia

É o único exemplar costeiro no Catálogo das Árbores Senlleiras de Galicia, e malia que xa ten descendencia garantida, a súa supervivencia leva tempo comprometida.

O carballo de Vilar de Francos está en serio risco despois de sufrir dúas graves roturas en agosto do 2018 e en decembro do 2019. De aí que o Concello de Carballo solicitase, xa o pasado mes de xaneiro, unha serie de actuacións, relativas á poda, que por fin velen de ser autorizadas polo Servizo de Patrimonio Natural da Xunta.

En breve comezarán así os traballos de poda para equilibrar a copa para evitar novas roturas, outra de ramas mortas e a supresión dun exemplar de Hedera hélix que medra polo tronco.

Na solicitude incluíase, ademais do informe técnico, unha proposta para a colocación dun valado e dun panel informativo que tamén foi aceptada.

Novas relacionadas

Comentarios