Venres. 19.04.2024
El tiempo

Avanza a inscrición no Congreso Cidades que Camiñan que acolle Carballo en outubro

Congreso Cidades que Caminan en Carballo 2021
Avanza a inscrición no Congreso Cidades que Camiñan que acolle Carballo en outubro

Aínda queda un mes para Congreso “Cidades que camiñan”. Un Congreso que convertirá Carballo no centro estatal da humanización das nosas cidades, coa participación de 63 cidades de 3 países que conforman a Rede Cidades que Camiñan. E a inscrición avanza a bo ritmo, superando xa esta semana o medio centenar de inscritos.

O congreso parte do lema “Andando enténdese a xente”, e xuntarán os días 7, 8 e 9 de outubro numerosas actividades para todos os públicos. Dende unha visita técnica guiada pola vila coa finalidade de amosar ás persoas participantes as principais actuacións que están a contribuír á transformación urbana; a conferencias como a do arquitecto e divulgador cultural Pedro Torrijos; o medios de comunicación e redes sociais coma Twitter, onde ten máis de 148.000 seguidores/as. O xeógrafo Màrius Navazo; o xornalista José Manuel Pan ou a enxeñeira Paula Teles.

Poderase visitar tamén as 90 creacións de arte urbana pública no marco do “Derrubando muros con pintura”.

Poden inscribirse e buscar máis información na web do Congreso.

NOVAS RELACIONADAS

Novas sobre a humanización de Carballo

Comentarios