Venres. 29.03.2024
El tiempo

Axober prepara unha xornada formativa online sobre prevención de riscos laborais ante o COVID-19

sesion-riscos-laborais-axober
Axober prepara unha xornada formativa online sobre prevención de riscos laborais ante o COVID-19

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), para contribuír a que as nosas empresas gañen en profesionalidade e competitividade prepara unha xornada informativa sobre riscos laborais para saber como actuar ante a COVID‐19 nas empresas. A sesión celebrarase o mércores 3 de xuño a partir das 20:00 horas, e para facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas será retransmitida en directo a través das canles de YouTube e das páxinas de Facebook de Axober e do Concello de Carballo, que colabora na iniciativa.

Terá a participación de Gonzalo García Pazos, técnico de Bergantiños Solucións Laborais; Rafael Suárez Méndez, presidente de ASINEC (Asociación Provincial de Electricistas); José Manuel Blanco Montero, técnico superior en prevención de riscos laborais de APECCO (Asociación Provincial de Empresarios da Construción), e Maday Teresita Capote Mira, médico de familia na Clínica Carballo. Dende Axober agradecemos a colaboración de todos eles.

Durante a retransmisión poderás realizar as preguntas que consideres a través das redes sociais, ou antes a través do correo electrónico [email protected].

Comentarios