Venres. 19.04.2024
El tiempo

Axober prepara un curso de coaching para o sector empresarial

Curso de Coaching en Carballo con AXOBER
Axober prepara un curso de coaching para o sector empresarial

A Asociación de Xoves Empresarios de Bergantiños, Axober, coa colaboración do Concello de Carballo, súmase á moda do coaching, e pon en marcha un curso de Técnicas eficaces de coaching que permitirá ás persoas participantes coñecer máis de preto esta importante ferramenta.

Esta nova acción formativa, especialmente enfocada cara o sector empresarial, articúlase en tres bloques. No primeiro coñecerase o coaching, as posibilidades que ofrece e cando se pode utilizalo ou non; o segundo centrarase na integración do coaching na actividade e na importancia dunha boa comunicación e da responsabilidade empresarial, e no terceiro centrarase no cambio de perspectiva que implica. Todo iso en sesións de traballo grupais e individuais.

O curso de Técnicas eficaces de coaching arrincará o 1 de outubro e rematará o 24. Constará de 2 sesións semanais de 3 horas de duración que se desenvolverán na sede de Axober, na rúa Fomento 21-23 – 1º andar. O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de setembro no local de Axober, chamando ao 981 756 313 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

Outras xornadas formativas

Comentarios