Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Bandeira multicolor no Día Mundial da Diversidade Sexual

Kit que se sorteará polo Día d Liberdade Sexual en Carballo
Kit que se sorteará polo Día d Liberdade Sexual en Carballo
Bandeira multicolor no Día Mundial da Diversidade Sexual

Hoxe, venres 28 de xuño é o Día Mundial da Diversidade Sexual, e a bandeira multicolor volverá ondear na fachada de varios concellos da bisbarra. Carballo, Corcubión, Fisterra, Laxe e Vimianzo, sumáronse á campaña LGTBQI da Deputación “Liberdade de ser e sentir”, que serve para eerguer a voz pedindo “respecto, dignidade e autoestima para todas as persoas”.

Así, a bandeira da diversidade sexual volverá a ondear neste 28 de xuño na fachada da Casa do Concello. Ademais, coa idea de implicar á cidadanía neste obxectivo, a Concellaría de Igualdade organizará un pequeno concurso nas redes sociais, en concreto en Facebook e Instagram. Abondará con que as persoas participantes sigan ao Concello de Carballo, dean un gústame á publicación con esta información e deixen un comentario cunha imaxe e/ou unha frase alusiva á data. Os/as cinco que obteñan máis “gústame” en cada rede recibirán un kit composto por unha camiseta, unha bolsa de tela, un autocolante e unha chapa.

No Concello de Carballo tamén fan seu o manifesto da Fegamp:

manifesto LGTBI 2019 Carballo

Novas relacionadas

Comentarios