Xoves. 22.04.2021
El tiempo

A Biblio de Carballo doa libros á Residencia DomusVi

biblioteca_rego_da_balsa_postpandemia
A Biblioteca Rego da Balsa activa dentro e fóra das súas paredes
A Biblio de Carballo doa libros á Residencia DomusVi

Despois dos malos tempos que leva vivido a residencia DomusVi de Carballo, por fin chega unha boa nova. Xa ca situación bastante normalizada trala vacinación, a primeira que quere poñerse a dinamizar a vida dos maiores é a Biblioteca Rego da Balsa, que co seu obxectivo de compartir e espallar a lectura, vai levar 241 libros (ou cd) á residencia.
A maioría dos materiais doados son libros de distintos xéneros, autores/as e formatos, pero fundamentalmente “de bolsillo” para facilitar o seu manexo por parte das persoas maiores.

A Biblio carballesa tamén doará 96 elementos (libros e audiovisual) á Escola Oficial de Idiomas. Son libros en distintos idiomas.

comentarios