Luns. 14.10.2019
El tiempo

Os Bombeiros de Carballo sufocaron un incendio na antiga sala de festas A Revolta

Os Bombeiros de Carballo sufocaron un incendio na antiga sala de festas A Revolta

Esta pasada tarde de domingo, pasadas as 17:00h, os Bombeiros de Carballo tiveron que acodir á antiga sala de festas A Revolta, situada na Avda. Fisterra de Carballo, para sufocar un incendio. Un particular alertaba dunha gran fumareda, procedente do incendio de escombro diverso, colchóns, rodas, cristais, etc.. que se acumulan no exterior das instalacións que se atopan pola parte de atrás, nunha zona en estado de abandono total, e preto dun arborado nas proximidades.

Os Bombeiros tiveron que extinguir o lume declarado mais refrixerar todo o entorno próximo para previr novos posibles incendios na zona. Fixeron falta 3.000 L de auga para sufocar o lume.

Na intervención ningunha persoa resultou ferida, so houbo danos material.

Comentarios