Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A campaña Asómbrate coa lectura colle o relevo da Praza dos Libros

Asombrate coa lectura en Carballo 1
A campaña Asómbrate coa lectura colle o relevo da Praza dos Libros

Este ano non foi posible artellar o completo programa arredor das casetas das librarías carballesas da Praza dos Libros. Pero a Concellería de Cultura non quere desaproveitar o verán, un dos momentos do ano máis esperados para ler, para fomentar a lectura. Faino cunha campaña, “Asómbrate coa lectura”, que invita a mercar nas librarías que viñan participando no programa estes últimos anos.

Deste xeito, do 1 ao 15 de agosto, mercar un libro nas librarías Brañas Verdes, Ler, Punto e Coma, Teldy e Trasgo ten desconto e tamén premio. Por cada 15 euros de compra recibirás unha tarxeta-rasca coa que, ademais de utilizala como marcapáxinas, podes conseguir outros vales desconto de 15 euros para seguir mercando libros no mesmo establecemento.

Un xeito de axudar ás librarías a saír da crise.

Comentarios