Xoves. 24.09.2020
El tiempo

Carballo abre un servizo de asesoramento a traballadores, autónomos e empresas

Portal informativo das axudas do COVID de Carballo: <a href=http://covid19.carballo.gal/>covid19.carballo.gal</a>
Portal informativo das axudas do COVID de Carballo: <a href=http://covid19.carballo.gal/>covid19.carballo.gal</a>
Carballo abre un servizo de asesoramento a traballadores, autónomos e empresas

Xa está operativa a web covid19.carballo.gal, unha das apostas do novo plan integral de reactivación económica do Concello de Carballo. Un plan que inclúe todo tipo de información e recursos relacionados co coronavirus para os sectores produtivos, e que engade xa a posta en marcha dun servizo de asesoramento personalizado para traballadores/as, autónomos/as e empresas.

”O obxectivo é xuntar nun único espazo todas as medidas e os recursos que están a disposición da cidadanía nesta crise sanitaria, polo que os distintos apartados estarán en actualización constante”.

Un formulario para poñer en contacto aos sectores produtivos co persoal técnico especializado (ademais de activar o correo [email protected]) cobra o maior protagonismo dunha web que tamén inclúe un apartado de medidas económicas no que se recollen todas as liñas de apoio de todas as Administracións para traballadores/as, autónomos/as e pemes, e que estará sometido a unha actualización constante. As medidas locais integran outro dos apartados da páxina web, co obxectivo de que a cidadanía teña coñecemento das accións que vai emprendendo o Concello de Carballo nos ámbitos social e familiar, de apoio á empresa e o emprego, de protección da cidadanía e de adaptación dos servizos públicos ás distintas fases da crise sanitaria provocada polo coronavirus.

comentarios