Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Un curso de fotografía con smartphone ou tableta para mozos de entre 12 e 18 anos

O fotógrafo Alfredo Varela impartirá as técnicas e os trucos desta modalidade fotográfica nun obradoiro intensivo que se celebrará na capital de Bergantiños do 8 ao 12 de xullo.

Un curso de fotografía con smartphone ou tableta para mozos de entre 12 e 18 anos

Se queres sacarlle máis partido á cámara do teu smartphone ou á túa tableta, a Concellería de Cultura do Concello de Carballo, dentro da programación do Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís, proponche un ano máis que participes nun curso de fotografía que non só che permitirá coñecer mellor as funcionalidades do teu dispositivo móbil, senón que ademais achegarache conceptos sobre técnica fotográfica, a exposición correcta, o enfoque, a composición... e tamén as mellores APP gratuítas de retoque dixital e todo o que debes saber sobre dereitos de imaxe. A que ten boa pinta?

Os únicos requisitos que debes cumprir son ter entre 12 e 18 anos de idade, e dispoñer dun dispositivo móbil. O fotógrafo profesional Alfredo Varela encargarase do resto. Serán cinco sesións de tres horas de duración (de 10.30 a 13.30 horas) que se celebrarán do 8 ao 12 de xullo no Pazo da Cultura. E todo, de balde.

Se estás interesado/a deberás inscribirte do 27 de xuño ao 4 de xullo descargando o impreso que atoparás en www.carballo.gal e presentándoo no Rexistro Municipal da capital de Bergantiños. O número de prazas está limitado a 15 e cubriranse por orde de inscrición.

Comentarios