venres. 06.12.2024
El tiempo

Carballo adxudica por 296.000€ o contrato de peonalización da rúa Martín Herrera

Carballo adxudica por 296.000€ o contrato de peonalización da rúa Martín Herrera
A rua Martin Herrera converterase nunha via peonil A rúa Martíin Herrera do centro de Carballo converterase nunha vía peonil A empresa Construcciones López Cao, S.L. será a encargada de abordar, nun prazo de catro mesesa contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo, as obras de "Acondicionamento e mellora da rúa Martín Herrera de Carballo" por un importe total de 296.692 euros con IVE incluído. A Xunta de Goberno Local reunida en sesión ordinaria vén de aprobar a adxudicación do contrato administrativo. Un total de 20 empresas optaron á realización dos traballos. As obras suporán a transformación da rúa nunha vía peonil, ademais da reordenación da circulación e das zonas de estacionamento. Tamén se suma a renovación da rede de saneamento, a de pluviais e o soterramento dos servizos de electricidade e telefonía. A actuación implica tamén a colocación dun novo pavimento que permitirá unha circulación mixta, así como a eliminación do peche que rodea a igrexa parroquial. Outras contratacións No apartado de contratación, quedou sobre da mesa a adxudicación do contrato administrativo de servizos de "Aluguer de pa e camión, con condutor, para diversos departamentos municipais". Porén, si saíron adiante as prórrogas para o contrato administrativo de servizos de limpeza de praias do municipio de Carballo e para o de servizo de dirección e coordenación da Banda de Gaitas Municipal de Carballo. No primeiro caso, trátase unha prórroga a partir do día 1 de xuño de 2016, momento en que vence o prazo do contrato e durante o período de duración do procedemento de licitación, adxudicación e formalización do novo contrato de servizos de Limpeza de praias do Concello de Carballo; no segundo, a prórroga será por un ano até o 1 de febreiro de 2017. Convenios No que se refire a convenios, a orde do día incluíu a aprobación de dous. Un entre o concello de Carballo e as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz para a celebración do XII Torneo de Fútbol 7 alevín Concello de Carballo que terá lugar os días 17, 18 e 19 de xuño de 2016; e outro de colaboración co Bergantiños FC para a participación de nove equipos en alomenos 281 xornadas de competición federada e diversos torneos de fútbol base, ademais dos adestramentos e partidos preparatorios amigables correspondentes. Fóra da orde do día recibiu o visto e prace un convenio coa Escola Básket Xiria para a celebración do IV Día do Pequebasket que terá lugar o día 17 de maio en Carballo coa presenza de 700 nenos e nenas e 60 equipos. No apartado de subvencións, a Xunta de Goberno acordou solicitarlle á Xunta de Galicia unha axuda para a promoción da lingua galega ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2016 que establece as bases para a concesión de subvencións a entidades locais para a promoción do uso da lingua. A contía económica que se solicita para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2016 (período abranguido pola convocatoria) é de 21.000 euros. Por último, aprobouse o programa da Campaña das Letras Galegas 2016, así como tres licenzas de obra e dúas licenzas de primeira ocupación. Fonte

Comentarios