Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo autoriza novos vaos en garaxes do concello

Carballo autoriza novos vaos en garaxes do concello

Aínda que ao último que se autorizou correspondeulle o número 1.078, en Carballo están vixentes nestes momentos 867 vaos, segundo informa o Concello carballes. No que levamos de ano 2017 foron aprobados un total de 25. Repintado da Rua Cervantes previa as obras na rua Colon de Carballo

A ordenanza xeral sobre circulación e utilización das vías públicas de Carballo, aprobada no ano 2013, establece que os vaos poden ser permanentes ou laborais. Neste último caso establécese un horario de 07.00 a 20.30 e exclúense os domingos e festivos. Os titulares deben encargarse da limpeza dos accesos ao inmoble de posibles residuos derivados da entrada e saída de vehículos, ademais de colocar os sinais aprobados polo Concello en zona visible e aboar os gastos de sinalización. Tamén serán por conta do titular as reparacións de posibles danos nas beirarrúas polo uso especial que comporta o tránsito de vehículos.

O Concello de Carballo realiza periodicamente unha revisión da sinalización horizontal. No último mes, sen ir máis lonxe, a empresa responsable do servizo de pintura viaria procedeu á sinalización dun total de 148 vaos nas rúas de Carballo.

Comentarios