Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo celebrou 24 anos de irmandamento con L’Isle Jourdain

Carballo celebrou 24 anos de irmandamento con L’Isle Jourdain
24 anos de irmandamento entre Carballo e L’Isle Jourdain Celebrando os 24 anosde irmandamento entre Carballo e L’Isle Jourdain A Asociación de Irmanamento celebrou o seu 24º aniversario esta fin de semana. O Restaurante San Lorenzo de Verdillo acolleu esta cita que serve para lembran os 24 anos que leva en marcha o irmanamento de Carballo coa vila do sur de Francia L’Isle Jourdain. Na festa houbo, ademais do menú, ambientación con música francesa e, coma cada ano, sorteo de produtos franceses entre as persoas asistentes. Antes do sorteo, a presidenta da asociación, Ana Cancela, tomou a palabra para agradecer a asistencia ao acto e para dar conta das actividades que a entidade leva feitas ao longo do ano. Así mesmo, aproveitou para invitar a todo o mundo a participar nalgunha das actividades que leva a cabo a asociación de xeito periódico, como o “Café conversation” e o “Club de lectura”, e tamén outras que están programadas para as vindeiras datas, como son os contacontos en francés na biblioteca Rego da Balsa – haberá un o vindeiro sábado – e o “Festival de variétés”, no que participa alumnado de varios colexios do concello de Carballo.

Animando a acoller

Por outra banda, Ana Cancela tamén lembrou que o próximo ano serán os “Lislois” os que visitarán o noso concello polo que animou a acoller ás familias francesas que participen na viaxe. Neste sentido, apuntou que o vínculo que se crea entre as familias é moi especial e que en moitos dos casos, a relación non se limita só ás viaxes de intercambio senón que se crea unha amizade para a vida. https://quepasanacosta.gal/volven-os-contacontos-en-frances-a-biblioteca-do-rego-da-balsa/ https://quepasanacosta.gal/medio-cento-de-vecinos-e-vecinas-de-lisle-jordan-visitan-carballo-no-seu-23o-aniversario-de-irmandamento/

Comentarios