Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo conta con cinco novos aparcamentos con capacidade para 130 vehículos

Carballo conta con cinco novos aparcamentos con capacidade para 130 vehículos
aparcamento-publico-carballo Os novos espazos entrarán en funcionamento nos próximos días unha vez instaladas as ramplas de acceso Carballo vén de sumar 130 novas prazas de aparcamentos públicos e gratuítos no seu casco urbano despois das obras de acondicionamento que levou a cabo o concello nos últimos días. Estas novas áreas sitúanse nas rúas San Antonio, Luis Calvo-Pan, Nicaragua, Bos Aires-Chile e avenida das Flores. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, realizaron un percorrido por estes novos espazos para vehículos, que entrarán en servizo en cuestión de días, tan pronto como se instalen as ramplas de acceso. Agás a da rúa Nicaragua, que é municipal, todas as parcelas foron cedidas polos propietarios ao concello de Carballo polo sistema de comodato, que permite a utilización pública dos terreos a cambio da exención de impostos. Con estes novos aparcamentos xa son 2.160 as prazas habilitadas neste tipo de espazos. A principal bolsa de estacionamentos do centro urbano atópase no ámbito do Rego da Balsa, con máis de 800 prazas dispoñibles nun total de nove parcelas de propiedade privada e pública. Novas relacionadas Fonte

Comentarios