Venres. 04.10.2024
El tiempo

Carballo e Senda Nova, os únicos costeiros que se mollan polos ríos

Carballo e Senda Nova, os únicos costeiros que se mollan polos ríos
Mollate polos Rios con Adega

O vindeiro 2 de outubro, vaise desenvolver en 44 puntos de Galicia unha nova edición do Proxecto Móllate polos ríos. Terá lugar a IX Limpeza Simultánea de Ríos que organiza ADEGA por todo o país, pero na Costa da Morte apenas unha entidade e un concello parecen implicados.

Nos últimos anso tamén participaba o Concello de Muxía, pero este ano só o fará o Concello de Carballo que colabora coa actuación da Asociación Senda Nova. Se queren participar e botar unha man para deixar o Anllóns un pouco máis limpo, só teñen que poñerse en contacto coa entidade, chamando a Manuel (639 549 361).

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios