Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo estrea pasos de peóns “intelixentes”

Carballo estrea pasos de peóns “intelixentes”

Paso de peons iluminad

Esta pasada noite de luns entraban en funcionamento os dous primeiros pasos de peóns “intelixentes” do núcleo urbano de Carballo. Uns pasos cuia iluminación se activa cando pasa unha persoa, que xa advirten da presencia de peóns a ambos lados da ponte de Isabel II, un na rúa Fomento e outro na avenida de Fisterra.

O plan, cofinanciado polo Concello e a Deputación, prevé a instalación de 14 iluminacións deste tipo nos puntos máis conflitivos da rede viaria urbana.
Pero ademais, actuarase nos 43 pasos de peóns con maior intensidade de tráfico rodado e peonil do núcleo urbano, e que se sitúan nas rúas Compostela, Avenida Milagrosa, Avenida Fisterra, Vázquez de Parga, Luis Calvo, Daniel Castelao, Fomento, Gran Vía, Sol, Berdillo, Poñente, Fábrica, Malpica, Razo, Perú, Avenida Ponte da Pedra, Vicente Risco e Río Anllóns.

800.000€ en aglomerado

Asi mesmo, o Concello anunciaba onte o investimento de case 800.000 euros en obras de aglomerado de vías estruturantes da zona rural: Xamozo (Artes)-Santa María (Ardaña), Paradela-Prearada (Sofán), Xoane-O Piñeiro (Goiáns) e A Canosa (Rus)-Pereiro Vello (Entrecruces).

Comentarios