Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo estreou a súa skate-praza

Skate Praza Carballo
Carballo estreou a súa skate-praza

Xa é unha realidade. Carballo ten skate-praza, a primeira de toda a Costa da Morte. A zona do Rego da Balsa estase convertindo noutro fervedoiro de actividade, con esa biblioteca, unha das máis activas de Galicia, e esta nova infraestrutura deportiva. Un novo espazo público para a cidadanía.

Con 2 meses de retraso, pero con todas as garantías, a empresa López Cao retiraba os valados o pasaso venres, e alí estaban esperando unha boa ducia de skaters para estreala praza.

Un proxecto do arquitecto Óscar Pedrós, que tamén asinou o da biblioteca e que, ademais, é un experto patinador. Tamén queda realizada unha área de estancia con sol e sombra para usuarios/as de diferentes idades, unha franxa pavimentada para a práctica do baile ou slalom. O investimento acadou os 145.200 euros.

Novas relacionadas

Comentarios