Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo, foco de formación emprendedora

27052021 diplomas_camara (6)
Carballo, foco de formación emprendedora

Sucédense os cursos de formación empresarial en Carballo. O Coworking, o Viveiro, o Forum, a Cámara… son varias as accións formativas desenvoltas nestas últimas semanas e que continúan en marcha.

Unha das máis potentes remataba onte co acto de entrega de diplomas do curso da Cámara de Comercio de persoal de tenda e e-commerce dirixido a mozos e mozas inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O director xeral da Cámara, Manuel Galdo, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, asistiron ao acto cos 26 alumn@s, procedentes de varios concellos da comarcas.

Xosé Regueira destacou o potencial que un curso destas características pode ter en Carballo, “onde o comercio é un importante motor económico. Hai moi poucos concellos en Galicia que conseguisen manter ese músculo comercial que nós temos”. O concelleiro de Promoción Económica aludiu ao relevo xeracional que se está a producir no comercio e aos novos retos do sector, que, asegurou, “tamén abren un tempo de oportunidades. Por iso é preciso formarse e actualizarse”.

Regueira destacou que Carballo é terra de emprendedores/as, e que para que ese potencial poida seguir desenvolvéndose, dende o Concello ponse a disposición dos mozos e mozas o Carballo Coworking, un espazo de traballo colaborativo, de uso gratuíto, no que agora mesmo hai cinco prazas dispoñibles para que poidan nacer e medrar novas empresas.

Novo curso do Carballo Coworking

27052021 curso_marketing_coworking

Xa está en marcha a nova acción formativa do Carballo Coworking, un curso de márketing para emprendedores, promovido desde a Concellería de Promoción Económica e impartido pola axencia carballesa de márketing e deseño web A MEIGA. Á sesión inaugural asistiu a responsable da Oficina de Promoción Económica, Paula Lema, que, ademais de dar a benvida ao alumnado á primeira formación presencial deste ano, aproveitou a ocasión para animar aos asistentes a apostar polo emprendemento e o autoemprego para consolidar os seus proxectos e/ou ideas de negocio.

Comentarios