Luns. 18.01.2021
El tiempo

Carballo lánzase a un Nadal Pequespectacular

Carballo lánzase a un Nadal Pequespectacular

Teatro, monicreques e música para a cativada serán as protagonistas da programación do Nadal Cultural de Carballo. Nun ano no que se retransmitirán en streaming moitos dos espectáculos previstos. Entre eles, o Concerto de Nadal que interpretará o alumnado do Conservatorio Profesional de Música o día 22 ou a cabalgata de Reis.

O programa (que podedes descargar en pdf na web municipal) trae os 27, 28 e 29 ao Pazo da Cultura divertidas propostas:

  • Domingo, 27 de decembro. A compañía Oviravai presenta “Paio e o poder da música”, un divertido espectáculo de gran formato con contido social, xa que aborda temas como o acoso escolar, a igualdade ou a reciclaxe.
  • Luns, 28 de decembro. Monicreques de Kukas presenta “Arlequina”, un espectáculo de marionetas, actores, maxia e música en directo que recrea un divertido universo creativo particular cunha das compañías de teatro máis antigas de Galicia.
  • Martes, 29 de decembro. A compañía vasca Anita Maravillas & Portal 71 traerá a Carballo o espectáculo “Jon Braun”, unha magnífica historia sobre o amor filial e a superación, onde o heroe será Malintxe, unha muller forte e guerreira, e o anti-heroe, Jon Braun, que afrontará as dificultades con ilusión.

comentarios