Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo mantén aberto o XXII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Fotos ganadoras do Certame Xose Manuel Eiris de Carballo 2019
Fotos gañadoras do Certame Xose Manuel Eiris de Carballo 2019
Carballo mantén aberto o XXII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
O prazo para participar no XXII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís pecharase un día despois de que remate o estado de alarma As persoas interesadas en participar poden enviar as súas fotografías por correo postal ou presentalas no Rexistro Xeral da Casa do Concello con cita previa

Ata que remate o estado de alarma non se celebarará o XXII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, polo que o Concello de Carballo mantén o prazo de inscrición aberto ata un día despois de que remate o estado de alarma. A xente que o desexe pode envialo por correo postal ou de maneira presencial no Rexistro Xeral da Casa do Concello, para o cal debe solicitarse cita previa no 981 704 100.

O gañador levará 1.500€ e o 2º 750€. Hai ademais un Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo dotado con 500 €.

Novas sobre o premio

Comentarios