Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo, pioneiro na xestión tecnolóxica da auga

Gestagua Carballo
Carballo, pioneiro na xestión tecnolóxica da auga
Carballo, pioneiro na xestión tecnolóxica da auga

A implantación dun conxunto de aplicacións de tecnoloxías intelixentes, interconectadas entre si, que conforman un sistema orientado ao big data, supón un claro avance na xestión transparente, fiable e eficiente das infraestruturas da rede e equipos do ciclo integral da auga. O Concello de Carballo, coa empresa concesiaria Gestagua, convírtese así en pioneiro para manter un servizoexcelente ás case 14.000 casas do termo municipal.

A rede de saneamento e abastecemento terán un control moito máis doado de xestionar, así como un sistema de control que permitirá adiantarse ás vicistudes, por exemplo notar fugas na rede…

Entre as melloras o sistema permite coñecer en todo momento o estado das instalacións, permite programar as accións, facer máxima a eficiencia medioambiental, e tamén conta cun sistema de atención ao cliente actualizado en tempo real a través dunha web ou mesmo dunha APP.

Comentarios