Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo pon en marcha un novo obradoiro e acollemento lingüístico

Carballo pon en marcha un novo obradoiro e acollemento lingüístico
O Servizo de Normalización Lingüística do concello de Carballo vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de acollemento lingüístico que organiza, co obxectivo de persoas nacidas fóra de Galicia que comecen a ser novas galegas e novos galegos e a ter un primeiro contacto formativo coa lingua e cultura galega, o que lles pode ser de grande utilidade para, por exemplo, acceder ao mundo laboral ou coñecer mellor a nosa sociedade. Neste obradoiro práctico, que terá lugar entre o 2 de novembro e o 21 de decembro de 2017, desenvolveranse diversas actividades para coñecer a lingua (escrita e oral), a música, a literatura, a prensa, a xeografía, etc., galegas, e para facilitar o acceso ao mundo laboral, e a integración na sociedade galega e carballesa. As sesións terán lugar os martes e xoves de 19 a 21 horas. A inscrición, que é gratuíta, pode facerse en horario de mañá no Servizo de Normalización Lingüística, situado no Pazo da Cultura. O prazo está aberto ata o 30 de outubro. Novas relacionadas Fonte

Comentarios