Sábado. 28.11.2020
El tiempo

O Casino1889 abre un febreiro completísimo

O Casino1889 abre un febreiro completísimo

Mes movido o de febreiro para o Casino1889. Lingua, música, permacultura, gastronomía ou cine serán

Día dos Medios en Galego

Xa este venres acolle a Celebración do Día dos Medios en Galego, un evento comprometido coa nosa lingua, organizado pola AMEGA (Asociación de Medios en Galego) e con máis de 100 cabeceiras como protagonistas.
A regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco, será a presentadora e contará as súas historias mediáticas Avelino González. Despois duns petiscos para participantes e asistentes, daremos paso á festa, cun exclusivo de Terbutalina.

Libro de Permacultura

LIbro Permacultura no Casino1899 Carballo

O sábado ás 8 de febreiro 19:00h, terá lugar a presentación do libro de Alexandre Grande Babarro, autor do libro "Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor" (publicado por Catro Ventos Editora) e cofundador en Vigo de Ecolectivo, asociación sociocultural sen ánimo de lucro, que se dedica á formación e divulgación de temas relacionados coa ecoloxía e o medio ambiente, estará no EspazoCasino para presentarnos o que é o primeiro libro de permacultura en galego.

Sesión vermú e concerto de Daniel Cros e Silvia Penide

Daniel Cross e Silvia Penido no Casino 1889 Carballo

Aínda esta fin de semana o domingo 9, o Casino acolle ás 13:00h a sesión vermú con concerto de Silvia Penide, que presentará un petisco do seu novo traballo abrindo paso a Daniel Cros, cantautor catalán que ven de xirar por América Latina. Xuntos e revoltos fan un fermoso tándem co que desfrutar nunha sesión vermú chea de sentimento.

Cocido de anivesario

Xa o sábado, 22 de febreiro 14:30h, no Mesón do Pulpo (a 25€), a familia do Casino celebrará o segundo aniversario desta nova andaina.
Para anotarse, pódese escribir ao enderezo electrónico [email protected] ou no bar da asociación, o Logradouro, ata o día 19 de Febreiro.

Documental

O sábado, 29 de febreiro 20:00h, o O director e creador Fran Naveira presenta por primeira vez o documental "Macorinas", a historia non contada da emigración feminina galega en Cuba, e será en Carballo e no Casino1889.

Novas relacionadas

comentarios