Venres. 29.03.2024
El tiempo

O CMUS abre as portas aos máis pequenos

CMUS Carballo
O CMUS abre as portas aos máis pequenos

Os peques de 1º e 2º curso de Educación Primaria que desexen comezar no mundo da música, xa poden inscribirse ao Conservatorio Profesional de Música de Carballo. O CMUS abriu o prazo de inscrición (ata o 28 de maio) do curso de Iniciación Musical, que ofrecen unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles faciliten a elección do instrumento que poidan estudar no futuro.

A preiscrición está aberta ata o 28 e poden facelo a través dunha solicitude que poderá recollerse nas Oficinas de Cultura (situadas no 1º andar do Pazo da Cultura, 981 704 300 ou [email protected]) ou descargala da páxina web do Concello de Carballo www.carballo.gal.
O día 2 de xuño publicarase a listaxe de admitidos/as, que poderán formalizar a matrícula entre o 29 de xuño e o 15 de xullo entregando por rexistro de entrada o impreso de matrícula unha vez teñan liquidadas a taxas correspondentes.

Comentarios