Domingo. 22.09.2019
El tiempo

"Coa Escola Ambiental queremos que os [email protected] de hoxe en día se parezan un pouquiño máis aos de fai 40 anos"

Foto de familia Clausura da Escola Ambiental de Senda Nova
Foto de familia Clausura da Escola Ambiental de Senda Nova
"Coa Escola Ambiental queremos que os [email protected] de hoxe en día se parezan un pouquiño máis aos de fai 40 anos"

O pasado sábado día 29 de xuño foron preto de 80 persoas as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para festexar a chegada do verán e despedir un curso cargado de actividades por parte da familia de Senda Nova. Foi no marco da festa de fin de curso da VII Edición da Escola Ambiental Senda Nova. Esa Escola que intenta achegar aos máis pequenos a vida na natureza, a vida no rural, a fomentar a súa autonomia, os seus coñecementos e agarimo polo medio, pola cultura, pola natureza…

A partir das 14:00h, as “Tocadoras da Escola Do Alprende” amenizaban a sesión vermú, e o churrasco, os vexetais á grella e as tortillas xa abrían o apetito. Ao redor das 18:00h comezou o máis importante da xornada, para facer balance dun ano de achegamento á natureza. Un fermoso vídeo recopilatorio de algunhas das actividades facía emocionarse ás familias.

Un dos monitores daba conta dos obxectivos da escola durante a clausura. “Con esta escola pretendemos que os nenos de hoxe en día se parezan un pouquiño máis aos nenos e nenas de fai 40 anos.” O edil carballés, e novo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que amosou o seu agarimo pola entidade e que segue colaborando para facela viable dende o primeiro ano.

Falaron tamén as monitoras e monitores da Escola facendo un repaso polo que viviron este curso e agradeceron a implicación das nenas e dos nenos da Escola, así como de todas as familias.

Clausura da Escola Ambiental de Senda Nova 2Clausura da Escola Ambiental de Senda NovaPandereteiras na Clausura da Escola Ambiental de Senda Nova

Comentarios