Unha colisión entre un turismo e un camión pequeno en Sofán sáldase con feridos leves
12:22 06/10/20
Esta mañá de martes 6 de outubro rexistrose un novo accidente na AC-413, a altura de Tarambollo, parroquia de Sofán, Carballo. Foi unha colisión entre un coche e un camión pequeno, que se saldou con tres feridos de carácter leve, que tiveron que ser trasladados en ambulancia do 061 despois de ser atendidos polos profesionais de atención primaria.
Ao lugar acodiu Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
Novas relacionadas
- 03-10-2020: Novo accidente mortal en Muxía.
- 02-10-2020: Excarceran unha persoa tras outro accidente entre unha furgoneta e un tractor en Malpica.
- 24-09-2020: Novo accidente mortal entre un turismo e unha retroexcavadora.
- 18-09-2020: Falece un mozo mazaricán de 19 anos nun accidente entre un turismo e un tractor.